campañas

Primeira serie de reGaleguiza!

Xa está aquí o inicio da campaña reGaleguiza. Súmate!
Entendémonos:
regaleguiza1
Recoñecémonos:
regaleguiza2

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Éxito da campaña pola volta de Astérix ao galego

asterix

Astérix e Obélix – O Libro de Ouro, que así se chama a edición especial, co gallo do seu 50 aniversario, da popular banda deseñada creada polos autores Goscinny e Uderzo, sae ao mercado a nivel mundial traducida para un total de 14 linguas, entre as que se encontra o galego.
Isto é froito dunha intensa campaña desenvolta desde o 2005 polas Mocidades d'A Mesa, centrada sobre todo en centros de ensino de todo o país, dirixindo millares de correos electrónicos, cartas e sinaturas a Salvat Bruño para reclamar “a volta de Astérix ao galego”. Desde entón, fixéronselle chegar aos responsábeis da edición e distribución da banda deseñada para o Estado español máis de 11.000 sinaturas individuais e o apoio á reivindicación de multitude de centros de ensino. Tamén as CiberIrmandades da Fala contribuíron co obxectivo "En galego, por Tutatis!"
Máis, na páxina d'A Mesa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Podemos sumar máis

Tanto individualmente como dentro de colectivos sociais, cremos preciso amosar a nosa disposición a esixir que os poderes públicos promovan -tal como indica a lexislación- a lingua galega e non a desprotexan, a reclamar os dereitos lingüísticos que están a ser recortados, a defender as vantaxes dun plurilingüismo con base no galego, sexa cal sexa a nosa lingua habitual.
Podemos informarnos no caderno da Coordinadora comarcal e asinar os manifestos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A prol dun Tuenti en todas as linguas do estado

galegoentwitterMiles de persoas están a secundar unha iniciativa pola ampliación do abano comunicativo da rede social Tuenti, unha das máis empregadas entre os internautas de todo o estado español e até o de agora sen operatividade no que a linguas oficiais diferentes do castelán se refire. A través dunha campaña, apoiada tamén pola CiberIrmandade da Fala, o colectivo galego que centra o seu labor en normalizar a nosa lingua na comunicación dixital, solicítaselles aos responsábeis desta rede social a inclusión do galego, o catalá e máis o euskara. Se Tuenti di ser "unha ferramenta que facilita a transmisión de información entre xente que se coñece”, é evidente que o seu servizo melloraría con tal ampliación. Como acontece en Facebook, por exemplo, que dispón de tradución a todas as linguas oficiais do Estado.
O xeito de sumarse é ben doado, a través do envío dunha petición, que pode ser esta suxestión reproducida na web da CiberIrmandade. A conta de correo a onde teremos que enviala é:  soporte at tuenti.com /> Máis en Código cero

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google